viernes, 21 de noviembre de 2008

¿HABERÁ MOITO QUE ESPERAR?

O informe definitivo do INE sobre o PIB do terceiro trimestre confirmou o 0,2% de contracción na economía española, a primeira dende o 1993. Pero o pior podería estar por vir. O Goberno considera agora que "non é descartable" un periodo prolongado de recesión, e o Banco de España augura en esta misma línea que o "axuste" extenderase ó 2009.

Debemos agardar para ver os efectos de todas as medidas adoptadas sobre o funcionamento dos mercados, especialmente sobre a evolución dos mercados interbancarios. Se conseguen eliminar dos balances os activos tóxicos e reducir o exceso de financiarización da economía sobre a base económica real posiblemente serán efectivas. Se así fora a confianza restableceríase novamente e o diñeiro afloraría de novo, fluíndo polos mercados entre os que teñen depósitos e os que precisan de liquidez. O euribor iría diminuíndo pola redución do marxe de seguridade sobre o tipo de intervención que están a aplicar as entidades por mor da xeración de expectativas asimétricas sobre as operacións de crédito. Os tipos  pouco a pouco irían cedendo e  o racionamento de crédito que se está a aplicar con especial severidade sobre as PEMES e as familias iríase moderando.

Non poden  repetirse os erros do pasado Son moitas, en todo caso, as voces autorizadas que insisten na necesidade dunha nova e máis efectiva regulamentación dos movementos internacionais de capitais.

As axencias de rating teñen que ter un control global para limitar a xeración e evitar a extensión de produtos financeiros tóxicos. As axencias de rating 100% privadas deixaron aparecer nos mercados produtos financeiros sofisticados de elevada rendibilidade e suposta solvencia que non era tal (futuros, derivados, hedge founds, MBS, etc.) que teñen sido os principais causantes da crise financeira que estamos a padecer.

No cumio que ven de celebrarse en Washington avogouse ademais por dar un maior protagonismo as institucións creadas nos acordos de Bretton Woods, encargando ao Fondo Monetario Internacional un novo rol de vixía da economía global e de garante da seguridade das transaccións internacionais.

As medidas de inxección de liquidez   ás entidades financeiras non contan

con unha aprobación unánime dos responsábeis das finanzas. En EEUU e Europa son moitas as voces que teñen criticado os plans de rescate porque puideran supor unha alteración das regras da competencia. A convivencia no sistema financeiro de entidades apoiadas con fondos públicos e outras que non acudan ao socorro fai que sexa imprescindíbel establecer unhas regras de xogo claras. Por outra banda, a intervención  dos estados debe ser temporal tanto na súa posición de toma de fondos como no da súa presenza nos órganos de administración das entidades financeiras. Ademais tamén se poñen reparos á obriga de que os bancos deban conceder crédito de forma xeneralizada, relaxando as normas de control, porque en palabras do gobernador do Banco de España “en el momento en que obligamos a un banco a dar crédito a quién no lo va a pagar nos hemos cargado al sistema financiero". (Miguel Angel Ferández Ordóñez , El Pais, 20 de Novembro de 2008)

É preciso, en todo caso moderar a base de crédito. As novas operacións de financiamento deben concederse sempre despois de estudos máis serios da capacidade de pagamento das débedas. Se os bancos e caixas insisten, por exemplo, no sobrefinanciamento de operacións inmobiliarias especulativas poden verse abocadas a ter que converterse  nunha especie de axencias inmobiliarias á forza, tendo que facerse cargo dun gran parque de solo sen edificar e vivendas valeiras sen demanda, e polo tanto, sen posibilidades reais de convertelas en liquidez.

É preciso, en todo caso, volver aos fundamentos do modelo bancario como intermediador entre os aforradores e a economía produtiva redirixindo un volume crecente do mesmo cara ao financiamento das empresas, especialmente das empresas innovadoras. Financiar a innovación colabora ao crecemento da economía produtiva no futuro. Esta aposta é máis custosa para a operativa bancaria xa que é preciso estudar plans de negocio, verificar que se cobren con garantías as obrigas dos prestatarios coas entidades prestamistas e decidir que operacións se apoian ou non. Por outra banda, ten máis risco, aínda que este debería ser amortecido pola creación de fondos de avais públicos para esta caste de préstamos.

Agora solo nos queda esperar...

Catarina Yáñez Chamosa

 

No hay comentarios: